O pasado 4 de outubro os nenos de infantil do colexio da Serra de Outes asistiron a un Obradoiro de Igualdade. Neste Obradoiro fixemos diversas actividades como:
- Escoitamos un conto cuxo protagonista foi Oliver Button.
- Xogamos a adiviñar profesións.
- Xogamos con cartas nas cales aparecía tanto un home ou unha muller exercendo a mesma profesión.
- Fixemos unha lista de xogos de nenos e outra de xogos de nenas.
Ao remate do obradoiro percatámonos dunha cousa; que tanto nenos como nenas xogamos aos mesmos xogos.
Unha vez na aula cada neno fixo un debuxo reflexando aquila actividade que máis lle gusta facer.
Velaquí algúns resultados!!